Bronce do Xadrez: Estratexia pola Paz na Liga Galega 2023

(R11) Pablo García

Comparte esta entrada

Bronce do Xadrez: Estratexia pola Paz na Liga Galega 2023

 
LIGA GALEGA DE XADREZ
25 de febreiro a 20 de maio. Ámbito autonómico.

A primeira derrota da tempada descartou aos de Pontevedra no sprint final polo título. 2 a 4 fronte a un Xadrez Rianxo que xogaba as súas últimas opcións de manterse na elite do xadrez galego.

“Foto finish” para coñecer o nome do campión da liga. Benchoshey e Fontecarmoa empatan a 46 puntos, pero o coeficiente de desempate deulles o seu segundo título ós de Vilagarcía. Os ourensáns de Pereiro de Aguiar, equipo revelación da tempada, quedan a un suspiro de facer historia do xadrez galego, sendo campións no ano do seu debut na máxima categoría.

Perden a categoría a Escola Luguesa, Liceo Ourense, Liceo Noia e o Alexandre Bóveda.

Os novos integrantes da elite do xadrez galego serán, Xadrez Mos, Xadrez Bueu, Club EXA da Coruña e USC. Recupérase polo tanto un dos clásicos da máxima categoría, o “derbi universitario galego” entre Santiago e Vigo.

BALANCE de 1 empate e 2 derrotas para os equipos da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo na undécima xornada .

 

Primeira División.

O EXP-Ramón Escudeiro Tilve pecha a competición cun empate fronte ao Laroca Nigrán A. Vitoria de Miguel Palacios, empates de David Fernández e Luís Alonso, derrota de Rodrigo González.
O primeiro filial universitario remata na quinta praza da clasificación xeral. Os de Pontevedra sumaron 25,5 puntos, cunha bagaxe de 5 vitorias, 4 empates e 2 derrotas.

Segunda División.

Derrota do EXP Non á violencia de xénero fronte ao segundo filial da USC. Marcador final de 1 a 3, suficiente para certificar a permanencia na categoría. Daniel Giráldez sumou a única vitoria do día. Caeron Miguel Moyano, André Herrera e Juan Dueñas.
O equipo remata no noveno posto da xeral, cun balance de 3 vitorias, 2 empates e 6 derrotas. Sumaron 17,5 puntos, 2 máis có primeiro dos equipos que perde a categoría.

CRÓNICA DIVISIÓN DE HONRA
Xadrez: Estratexia pola Paz 2 – 4 Xadrez Rianxo

Xusta derrota no que probablemente foi o peor encontro dos universitarios nos últimos anos. 5 dos 6 xogadores do equipo pararon por posición de clara desvantaxe nas súas partidas. Rubén Fernández foi o mellor do día, aínda que o correcto xogo do rival forzou o empate final.

Caían Alberto Portela e Víctor Miguel. Tan só a resiliencia, e quizais un chisco a rabia pola ocasión que se estaba a perder, fixo que o capitán, Rivera e Juan Manuel, puidesen reconducir a situación ata a igualdade, ao tempo que maquillar o resultado final. 2 a 4, primeira derrota da tempada e terceiro posto final na Liga 2023

Trala undécima rolda, o Fontecarmoa remata empatado no primeiro posto co Benchoshey Pereiró de Aguiar. Ambos con 46 puntos, pero con mellor coeficiente de desempate para os de Vilagarcía. Completa o podio o equipo da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, con 40,5 puntos, froito de 7 vitorias, 3 empates máis 1 derrota.

Perden a categoría o Escola Luguesa de Xadrez, o Liceo Ourense, o Liceo Marquiño e o Alexandre Bóveda.

A vindeira cita terá lugar o sábado 28 de maio. Os de Pablo García participarán na Copa Galicia 2023.

Toda á información dos equipos de xadrez da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, na páxina web www.xadrezpontevedra.com Facebook www.facebook.com/XadrezUVigo ou na páxina web oficial da Federación Galega de Ajedrez www.fegaxa.org