Vitoria no derbi universitario galego.

(R6) Pablo García

Comparte esta entrada

COMPETICIÓNS

LIGA GALEGA DE XADREZ

Vitoria no derbi universitario galego.

LIGA GALEGA DE XADREZ

12 de febreiro a 9 de abril. Ámbito autonómico.


O USC cae 4 a 2 en Pontevedra. Os composteláns chegaban ao Green Campus coa necesidade de colleitar un bo resultado para manterse na loita pola permanencia. A vitoria dos de Pablo García deixa practicamente sentenciado o seu descenso.

O Xadrez: Estratexia pola Paz mantén o terceiro posto da xeral con 23 puntos. Xadrez Verín e segundo con 27, e Xadrez Ourense primeiro con 29,5.

Na sexta xornada, os equipos da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo sumaron 3 vitorias e 3 derrotas. Descansou o EXP-UVigo da terceira División:

Primeira División
Nova vitoria do Ramón Escudeiro Tilve, 3,5 a 0,5 fronte ao Liceo Casino de Tui. O equipo é o líder con 21 puntos, e unha vantaxe de 2.5 sobre o segundo clasificado, e rival da vindeira e última rolda, Xadrez Mos A.
Empate de Miguel Palacios máis vitorias de David Fernández, Álvaro Maquieira e Luís Alonso.

Segunda División
O EXP Non á violencia de xénero caeu pola mínima fronte ao CXF-Concello Vilagarcía. O equipo descansa na última rolda. Remata a súa participación cun total de 8 puntos e nun cuarto posto que probablemente manterá aínda sen xogar.
Vitoria para Daniel Giraldez, empate de Juan José Vidal e derrotas de Carmén Portela e Xabier Borrajo.

Terceira División
Duro golpe para o EXP-Chess Cares na súa visita ao Liceo Pueblense, 4-0 e perda do primeiro posto. Os de Pontevedra ocupan agora o terceiro posto, cun total de 12 puntos, medio menos que Liceo Pueblense, segundos, e Liceo de Noia, primeiros. Os pupilos de Daniel Rivera acadarán o ascenso se suman medio punto máis que os Liceos na última xornada. Xogaron Isidro Cortizo, Carmen Gallego, Moshelem Molho e Alejandro Dios.

O EXP-Universidade de Vigo descansou nesta rolda.

4 a 0 para o EXP-Concello de Pontevedra fronte ao Dorna Vengarco B. O equipo manten a terceira posición, a 2 puntos do segundo e a 3,5 do líder.

O EXP-Zona Informática perdeu 4 a 0 na visita ao Comercial Arousa. Xogarón Sergio Rey, Simón Hermo, Mateo Budiño e Xabier Bernárdez.

CRÓNICA DIVISIÓN DE HONRA
Xadrez: Estratexia pola Paz 4 – 2 Universidade de Santiago de Compostela

O 6 de marzo do 2006 disputouse o primeiro derbi universitario na máxima categoría do xadrez, con idéntico resultado, 4 a 2 para os da Universidade de Vigo. 16 anos despois, o xadrez galego perderá, a lo menos por unha tempada, este emocionante choque entre Universidades.

Ás 17 horas daba comezo o encontro, cun equipo local, claramente favorito pola clasificación internacional dos seus xogadores, pero cun grao de motivación moi inferior, ao ter xa garantida a súa permanencia, e descartados da loita polo título. Un factor que os visitantes agardaban xogase ó seu favor.

Os mozos, Juan Manuel Martínez e Rubén Fernández, con sendas vitorias pola vía rápida, botaron por terra as aspiracións visitantes,. Unha mala tarde do capitán, que ía perder a súa primeira partida en liga, daba certa esperanza aos composteláns, pero Alberto Portela, máis Víctor Miguel, sentenciarían o encontro. A derrota de David García deixaba o 4 a 2 final no marcador.

Trala sexta rolda, Xadrez Ourense mantén a primeira posición con 29.5 puntos. 2.5 máis que o Xadrez Verín, ao que se enfrontará a vindeira semana, na que será última rolda da fase de grupos. O Xadrez Estratexia pola Paz é terceiro con 23, un posto que defenderá fronte ao xa descendido, Algalia A, o vindeiro sábado. Postos de descenso directo para Laroca-Nigrán,Algalia e USC. Salvo sorpresa maiúscula, o Liceo Ourense xogará pola permanencia fronte ao quinto clasificado do outro grupo.

A fase de grupos remata o vindeiro sábado 2 de abril. O 23 de abril, tralo parón da Semana Santa, xogaranse os cruces de grupo que definirán o posto final de cada equipo.

Toda á información dos equipos de xadrez da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, na páxina web www.xadrezpontevedra.com Facebook www.facebook.com/XadrezUVigo ou na páxina web oficial da Federación Galega de Ajedrez www.fegaxa.org