Valiosa vitoria do “Xadrez: Estratexia pola Paz” en Ourense.

IMG_1204

Comparte esta entrada

 

Valiosa vitoria do “Xadrez: Estratexia pola Paz” en Ourense.

LIGA GALEGA DE XADREZ

12 de febreiro a 9 de abril. Ámbito autonómico.

Boa nota para os universitarios do primeiro equipo no seu desprazamento a Ourense. No chamado “grupo da morte”, un pequeno tropezo pode deixar contra as cordas a calquera equipo, sexa cal sexa o seu potencial ou a súa historia. O contundente 1 a 5 acadado esta fin de semana nas Burgas, xunto a vitoria inaugural, permite marcar unha boa vantaxe fronte aos equipos que neste intre ocupan os postos de descenso directo.

O Capitán: “Atopámonos nunha liga de formato inédito, moi curta e cos mellores equipos galegos no mesmo grupo. Eludir o descenso directo pasou a ser o primeiro e principal obxectivo do equipo. Estes bos resultados permítennos afrontar o resto da competición cunha maior tranquilidade. Un bo exemplo do perigo deste ano, podemos velo no calvario que está a pasar un dos clásicos da División de Honra, o Universidade de Santiago de Compostela. Os composteláns, con dúas derrotas encaixadas, terán realmente complicado eludir o descenso.”

Na segunda rolda, os equipos da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo sumaron 5 vitorias e 2 derrotas:

Na Primeira División, o Ramón Escudeiro Tilve derrotou 1.5 a 2.5 aos veciños do Xadrez Marín. Vitorias de Alvaro Maquiera máis José Luís Bugallo, empate de Luís Alonso e derrota do olímpico, David Fernández.

Na Segunda División, debut con vitoria d

o EXP Non á violencia de xénero, 2.5 a 1.5, fronte ao filial do Xadrez Marín.

E xa na terceira categoría, o EXP-Chess Cares derrotou 3-1 aos compañeiros do EXP-Universidade de Vigo, e o EXP-Concello de Pontevedra superou por 3.5 a 0.5 ao Cum Laude do Grove. Derrota do EXP Zona Informática na sua visita a Marín por 3 a 1.

CRÓNICA DIVISIÓN DE HONRA

Liceo Ourense 1 – 5 Xadrez: Estratexia pola Paz

Dúas vitorias e dous moi bos marcadores para afrontar os seguintes 3 encontros, fronte aos equipos máis fortes da categoría. Xadrez Verín, Chantada e Xadrez Ourense, os equipos con máis Grandes Mestres nas súas filas, serán os seguintes rivais dos de Pablo García. O que aconteza nestes tres enfrontamentos, dilucidará cal será o futuro dos universitarias nesta tempada.

1 a 5 ante un Liceo Ourense que acusou a ausencia do Gran Mestre, Arián González, no seu primeiro taboleiro. Pese a todo, o galego David Baltar, que xa viña de derrotar na primeira rolda ao Gran mestre David Lariño, puxo en serios apuros a Alberto Portela. Alberto tivo que dar o mellor de si mesmo para defenderse e rescatar un valioso empate. As outras táboas firmounas David García, que non foi quen de transformar unha lixeira vantaxe nun final de corte estratéxico. Vitorias para Juan Manuel Martínez, Rubén Fernández, Daniel Rivera e Pablo García. Juan Manuel fixo o seu debut no primeiro equipo anotando o primeiro punto que subiría ao electrónico. O capitán sumaría o último dos puntos, tras máis de 4 horas de xogo.

Trala segunda rolda, Xadrez Ourense segue á fronte da táboa clasificatoria, con 11.5 puntos. Xadrez Estratexia pola Paz é segundo con 10.5, e Círculo Chantadino terceiro con 9.5. Nos postos de descenso directo marchan o Laroca-Nigrán máis o USC con 1.5 puntos, e o Algalia con 2.

A vindeira xornada terá lugar á volta do Entroido, o sábado 05 de marzo. O Xadrez Estratexia pola Paz repetirá coma equipo visitante, fronte ao Xadrez Verín. Un dos claros aspirantes ao título galego.

Toda á información dos equipos de xadrez da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, na páxina web www.xadrezpontevedra.com Facebook www.facebook.com/XadrezUVigo ou na páxina web oficial da Federación Galega de Ajedrez www.fegaxa.org