V TORNEO DE XADREZ CONCELLO DE MEIS
Sábado 18 de setembro
“O Concello de Meis continua coa organización de eventos deportivos en liña, de mans do xadrez”
O Concello de Meis ven de organizar a quinta edición do seu torneo de xadrez. Unha segunda edición en liña que cumple o quinto aniversario do evento. O concello de Meis segue apostando polo xadrez, aínda que non se podan facer con fluidez eventos presenciais debido o Covid-19, o concello organizou por segundo ano consecutivo o seu tradicional torneo de xadrez, nesta ocasión en liña a través da plataforma lichess e coa colaboración da Escola Xadrez Pontevedra.
Na cita de Meis participaron un total de 47 deportistas. Entre eles, 2 Mestres Internacionais, o uruguaio Daniel Rivera e o galego Pablo García, máis todo un medallista mundial, Rubén Fernández. Rubén é o primeiro xadrecista galego en acadar un podio nun Mundial, medalla de bronce, na categoría Sub16, acadada no 2019. Tamén é o vixente Campión Galego e subcampión Nacional Sub16.
O torneo xogouse baixo modalidade “arena”, na que, durante dúas horas sen pausa, xogan partidas a un ritmo de 3 minutos máis 2 segundos de incremento por xogada feita. Cada vitoria suma 2 puntos, o empate 1 e a derrota 0.
Rubén Fernández Campión!!!
Rubén Fernández López
Cunha marca espectacular de 100 puntos, acadou o título nesta quinta edición do Torneo de Xadrez de Meis. Rubén é un auténtico especialista nestes ritmos rápidos, e segundo nos confesa: “Son as partidas nas que máis me divirto. Hai que xogar ben pero tamén ser moi áxil, ás veces tes unha partida con moita vantaxe, pero ten que darche tempo a rematala.”
Completaron o podio, o forte xogador de Portonovo Luis Costado, segundo con 42puntos, e o ourensán, Hugo Conde, terceiro con 40.
O primeiro clasificado local foi Berenguer Irayzoz, gran afeccionado o xadrez do Concello e gran xogador, un dos alumnos do curso de xadrez da vila que se leva anos celebrando durante o curso. Berenguer foi vigésimo segundo cun total de 17 puntos. Por categorías os primeiros clasificados foron:
CLASIFICACIÓN XERAL FINAL
- Fernández, Rubén Vigo
- Costado, Luis Portonovo
- Conde, Hugo Ourense
…ata un total de 47 deportistas.
PREMIOS ESPECIAL AO PRIMEIRO XOGADOR LOCAL
- Irayzoz, Berenguer Concello de Meis
Clasificacións completas no enlace https://lichess.org/tournament/O997jISH
Os 5 primeiros clasificados, máis o primeiro xogador local, foron agasallados con material técnico de xadrez máis un libro da historia do Concello de Meis.
Como actividade complementaria, o Mestre Internacional, Daniel Rivera, enfrontouse a 20 xogadoras e xogadores simultaneamente. Desta vez, ningún dos veciños e veciñas puido puntuar fronte ó experimentado xogador do Uruguai, mais a bo seguro nun futuro próximo o acadaran. O mestre xa foi retado a repetir enfrontamento o vindeiro ano.