Rubén Fernández é o novo Campión Galego Xuvenil

Rubén Campión Galego Sub18

Comparte esta entrada

Rubén Fernández é o novo Campión Galego Xuvenil.


No 2019, Rubén, vigués, e unha das xoias do Escola Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo, foi, Campión Galego, Campión Nacional e medalla de bronce no Campionato do Mundo, na categoría Sub14. Agora, unhas semanas despois do seu 15 aniversario, expande o seu reinado á categoría Sub18. Rubén é o máximo expoñente do xadrez de base galego, e vai camiño de ser o xadrecista con máis títulos autonómicos na historia galega.


Os Campionatos Galegos Sub 14 e Sub 18 tiveron lugar en Padrón, A Coruña, do 22 ao 25 de febreiro.


Na categoría Sub18, Rubén dominou de principio a fin. Invicto, con 6 vitorias e 2 empates, sumou un total de 7 puntos, 1 máis co segundo clasificado, Óscar Morales, do Xadrez Mos, e 1,5 máis co terceiro, Andrés Rodríguez, do Xadrez Fontecarmoa. Ambos xogadores foron derrotados polo Campión.


Bos resultados para o resto da delegación da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo. No Sub 18, Juan Manuel Martínez rematou 7º con 5 puntos, e Luís Alonso 21º con 4.

Na categoría Sub 14, Miguel Alonso sumou 5,5 puntos que lle deron a 8ª praza, Javier Caudet 13º con 5 e Óscar Baltar 42º con 3,5.

Toda a información e imaxes dos campionatos na páxina da Federación Galega de Xadrez www.fegaxa.org

Clasificacións completas nos seguintes enlaces:
SUB 18 
SUB14