COMPETICIÓNS
LIGA GALEGA DE XADREZ
“O Xadrez: Estratexia pola Paz reduce a súa desvantaxe co líder.”
LIGA GALEGA DE XADREZ
1 de febreiro a 3 de maio. Ámbito autonómico.
Vitoria clara, pero cunha colleita de puntos probablemente insuficiente de cara á loita por un novo título . O encontro fronte ó actual pechacancelas presentábase como unha oportunidade moi boa para reducir a desvantaxe cos dous primeiros clasificados, 3 puntos cos ferroláns, e 2,5 cos ourensáns.
A novena rolda deixa líder ao Xadrez Ourense con 37,5 puntos, segundo ao Círculo Ferrolán con 36, aínda que cunha reclamación que lle podería dar 1 punto máis, e terceiro ao Xadrez: Estratexia pola Paz con 35. Polo tanto, os de Pablo García están medio punto máis preto da cabeza, pero cunha rolda menos por disputar.
A liga para na Semana Santa pola celebración dos Campionatos Galegos Individuais. Á volta, dúas auténticas finais agardan polos de Pontevedra. A primeira fronte ao potente Xadrez Fontecarmoa, cuarto clasificado a 3 puntos dos universitarios. E a última, no Ferrol, fronte ao Círculo Ferrolán,
Remate de liga para os equipos da Preferente, e tamén para os da Terceira División. A rapazada da Escola Xadrez Pontevedra deixa, un ano máis, claros sinais da súa evolución. O Ramón Escudeiro Tilve, primeiro filial universitario, remata na quinta posición e polo tanto mantén a súa praza na Preferente, a división de prata do xadrez galego.
BALANCE DA XORNADA
5 vitorias, 1 empate e 6 derrotas, para os equipos universitarios na sexta rolda da Liga Galega 2025.
Os 8 equipos da Cuarta División agardan ao mes de mayo pola programación do seu calendario.
DIVISIÓN DE HONRA
Alexandre Bóveda A 1.5 – 4.5 Xadrez: Estratexia pola Paz
(Crónica despois do resumo de resultados)
PREFERENTE (Remate da competición)
Fin da andaina do Ramón Escudeiro Tilve na Preferente galega. O primeiro filial universitario despediu a tempada cunha derrota pola mínima, 2,5 a 3,5, fronte ao Universitario de Ourense A. O equipo finaliza na quinta posición, cun total de 4 vitorias, 1 empate e 4 derrotas. O Xadrez Mos A foi o gañador da categoría.
Vitorias de Bernardo Rebollo e David Fernández, empate de Álvaro Maquieira, e derrotas de David García, David Janeiro e Rafael Martínez.
PRIMEIRA DIVISIÓN
CXF Concello de Pontevedra 0 – 4 Breogán A
Derrota contundente fronte ao novo líder da categoría, o Breogán de O Grove. A falla de dúas roldas para o desenlace da competición, o equipo pontevedrés queda ás portas do descenso, aínda que cunha boa vantaxe de 2 puntos sobre os inmediatos perseguidores.
Perderon José Luís Bugallo, Daniel Giráldez, André Herrera e Marcos Valia García.
SEGUNDA DIVISIÓN. Grupos D e E.
Grupo D.
A rapazada do EXP–UVigo xa son, matematicamente, equipo de Primeira. Unha nova vitoria, 3 a 1 fronte Fontecarmoa-Baños Print, confirmaba o ascenso Vitorias de Miguel Casado e Andrés Cacabelos, empates de Mateo Alonso e Teo Rodríguez.
Tralos 9 encontros disputados, o Exp–Uvigo, con 28,5 puntos, marcha na segunda posición. O lídero do grupo D é o padrón D, con 29,5 puntos.
Grupo E.
Empate do EXP Non á violencia de xénero fronte ao Lucena Mokele. O equipo, con 20 puntos, vai segundo, a 2 puntos do líder, e rival da vindeira rolda, o Xadrez Bueu B.
O EXP Zona Informática caeu na caso co que ata a xornada era pechacancelas, o Vila de Bouzas B. O 1 a 3 encaixado, deixa aos universitarios no último chanzo. Cunha desvantaxe de 0,5 puntos sobre os de Bouzas, non queda marxe ao erro, se queren eludir o descenso.
TERCEIRA DIVISIÓN. Grupo G.
Grupo G.
Remate da competición.
Vitoria na casa do EXP–Nona Gaprindashvili, 4 a 0 fronte ao EXP–Fai a túa mellor xogada. E a domicilio, do EXP-Chess Cares, 1,5 a 2,5 co Fundación Menela; e do EXP-Peóns do Lérez, 0,5 a 3,5, na casa do Monte dos Pozos.
Caían os rapaces do EXP–Promesas, 0-4 fronte ao Campión, o Monte do Alba. E o EXP–Pontevedra en Xaque, 1 a 3 co filial do Xadrez Mos.
O EXP-Chess Cares, con 6 vitorias, 1 empate e 2 derrotas, remata na cuarta posición, sendo o mellor equipo universitario.
CRÓNICA DIVISIÓN DE HONRA
Alexandre Bóveda A 1.5 – 4.5 Xadrez: Estratexia pola Paz
3 vitorias e 3 empates conformaron o 1.5 a 4,5 do marcador final.
Un encontro con grandes sobresaltos que rematou cun marcador amplo pero que puidera non ser suficiente.
Víctor Miguel e Alberto Portela están a ser dous dos puntais do equipo, e aínda que non estiveron precisos ao cento por cento no remate, ambos acadaron o punto sen moitas complicacións.
No primeiro taboleiro, o mozo, Gustavo Ribeiro, repetiu o guión das semanas pasadas, deixando escapar un empate, cando tiña a partida moi ao seu favor.
No sexto, o seu irmán, Rodrigo Ribeiro, anotou o punto enteiro, nunha partida de ida e volta, na que ambos xogadores puideron saír vitoriosos.
E por último, e quizais, o máis preocupante para o equipo, o pesadelo que están a sufrir os dous xogadores máis experimentados, os Mestres Internacionais, Daniel Rivera e Pablo García. Ambos están a asinar as súas peores ligas dende que levaron ao equipo á máxima categoría. Rivera recibiu, e aceptou, a proposta de empate do seu rival, cando xa a súa posición era moi delicada. Tamén empataba o capitán, despois de non dar con ningún dos moitos remates que se lle presentaron, e nunha posición na que o seu contrincante non viu que tiña xaque mate imparable.
O parón da Semana Santa chega como auga de maio para un equipo que ten que facer moitos axustes se quere manter as súas aspiracións a unha nova coroa galega.
Trala novena rolda, o Xadrez Ourense encabeza a clasificación xeral con 37,5 puntos, segundo é o Círculo Ferrolán con 36, e terceiro o Xadrez Estratexia pola Paz con 35.
Pechan a clasificación, en postos de descenso directo, Liceo Ourense con 19,5, Xadrez Rianxo con 18, e Alexandre Bóveda de A Coruña con 16.
A décima xornada terá lugar o sábado 26 de abril. O Xadrez Estratexia pola Paz recibe ao Xadrez Fontecarmoa. Os de Vilagarcía son cuartos, a 3 puntos dos de Pablo García.
Toda á información dos equipos de xadrez da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, na páxina web www.xadrezpontevedra.com Facebook www.facebook.com/XadrezUVigo ou na páxina web oficial da Federación Galega de Ajedrez www.fegaxa.org
Tódolos sábados, a partir das 17:00 horas, o público poderá presenciar en directo os encontros dos equipos de xadrez. Entrada de balde na Facultade de Ciencias da Comunicación do Campus Universitario de Pontevedra,