O xadrez celebra o Día dás Letras Galegas e expresa unha sentida homenaxe a Ricardo Carvalho Calero.

DSC_0362

Comparte esta entrada

Sentida homenaxe da Escola Xadrez Pontevedra a Ricardo Carvalho Calero no Dia das Letras Galegas.


Dende a súa fundación no ano 2001, a Escola Xadrez de Pontevedra, coa colaboración da AAVV de Santa María, organiza o seu particular tributo ás autoras e autores homenaxeados.

19 anos ininterrompidos nos que as contornas da Basílica de Santa María de Pontevedra foron o escenario de actividades de xadrez para tódalas idades. Obradoiros para a rapazada, partidas simultáneas, torneos, xadrez xigante, ou a lectura de fragmentos da obra do autor ou autora conmemorado, son xa parte da tradición da vila de Pontevedra na celebración do día grande da cultura e letras galegas.

A Covid-19 non puido frear a ilusión e paixón do alumnado e corpo técnico da Escola na celebración dunha data tan significativa. A adaptación do xadrez ás novas tecnoloxías posibilitou a continuidade dos actos, nun escenario diferente, o virtual. Partidas simultáneas dos Mestres do Xadrez, o I Torneo de xadrez en liña “Día das Letras Galegas”, máis a composición dun vídeo no que alumnas e alumnos da Escola recitan un fragmento das poesías máis sonadas de Carvalho Calero, deron corpo a unha tradición que chega aos 20 anos de historia.

 

Vídeo do alumnado da Escola Xadrez Pontevedra recitando as poesías de Carvalho Calero

Partidas simultáneas dos Mestres do Xadrez

Catro simultáneas que ao final foron catro debido ao interese xeral e alta participación, as mesmas deron comezo ás 11.30 finalizando sobre as 14.30 h cun cartel de luxo.

É de agradecer a colaboración ,unha vez máis e por partida dobre, do Gran Mestre estremeño, Manuel Pérez Candelario, director técnico do club Magic e titular do equipo olímpico de España. Do mozo Rubén Fernández López, vixente campión de España sub14 e bronce no Mundial Blitz da mesma categoría. Rubén é un referente da Escola Xadrez Pontevedra e do xadrez galego. Máis do Mestre Internacional, Daniel Rivera Kuzawka, director técnico da Escola e marca nacional de partidas simultáneas.

Tódolos inscritos puideron enfrontarse, aprender e gozar destes mestres. Alumnos, alumnas, e afeccionados de tódalas idades, da comunidade galega pero tamén do resto de España, e ata do outro lado do océano Atlántico.

 

 

I Torneo de xadrez en líña “Día das Letras Galegas”

Na plataforma de xadrez en liña lichess.org, das 18 ás 20 horas.

Un torneo aberto de gran nivel e moi alta participación. Un total de 89 afeccionadas e afeccionados para os que as dúas horas de xogo fóronse voando.