COMPETICIÓNS
LIGA GALEGA DE XADREZ
Clara superioridade dos de Pontevedra no derbi universitario galego.
O Ramón Escudeiro Tilve garante matematicamente o seu ascenso á nova Preferente 2025.
LIGA GALEGA DE XADREZ
17 de febreiro a 11 de maio. Ámbito autonómico.
O primeiro equipo de xadrez da Universidade de Vigo derrotou 1 a 5 ao USC. Os de Pablo García manteñen as opcións matemáticas de acadar o primeiro posto, e pola contra, os de Santiago confirman o seu descenso de categoría.
Trala novena rolda encabeza a clasificación o Xadrez Ourense con 39,5 puntos, seguido polo Xadrez: Estratexia pola Paz, segundo con 35, e o Xadrez Fontecarmoa, terceiro con 34,5.
Postos de descenso directo para Xadrez Bueu A con 10,5 puntos, CLUBEXA A con 13,5, USC con 15,5 e Xadrez Mos A con 22,5.
Na Primeira División, o Ramón Escudeiro Tilve ven de garantir matematicamente o seu ascenso a Preferente. Unha nova categoría que se estreará na vindeira tempada, con dous grupos, Galicia Norte e Galicia Sur, e un total de 20 equipos, 10 en cada un dos grupos.
A décima, e xa penúltima rolda da Liga Galega, terá lugar o sábado 4 de maio. Na División de Honra, os universitarios reciben ao Padrón A. Os pementeiros atópanse inmersos na loita por eludir o descenso, aínda que con certa vantaxe co seu perseguidor, o Xadrez Mos A. Os de Pontevedra precisan dunha vitoria contundente para manter a presión sobre o líder, e agardar polo seu tropezo.
BALANCE DA XORNADA
4 vitorias dos equipos universitarios na novena rolda da Liga Galega 2024.
A piques de rematar a conta atrás para o debut dos 8 equipos que disputarán a Cuarta División. Preto de 50 novas promesas xogarán o vindeiro mércores 1 de maio a súa primeira proba oficial por equipos.
PRIMEIRA DIVISIÓN
Rolda 9 de 11.
1 a 3 para o Ramón Escudeiro Tilve na casa do Xadrez Dorna A, na Ila de Arousa. Vitorias de Bernardo Rebollo no primeiro taboleiro, Rodrigo González no segundo e Álvaro Maquieira no terceiro, máis unha derrota, a de Miguel Casado, no cuarto.
O filial universitario non pode ascender a máxima categoría, na que milita o primeiro equipo, pero si á nova Preferente que se disputará no 2025. Un ascenso que veñen de garantir matematicamente, con dúas roldas por disputar.
Tras nove roldas, o EXP-Ramón Escudeiro Tilve ocupa o terceiro chanzo da clasificación xeral. Os de Pontevedra suman 26 puntos, polos 26,5 do Xadrez Algalia, segundo, e os 27 do Liceo Marquiño, primeiro.
SEGUNDA DIVISIÓN. Grupo D
Rolda 9 de 11
Duás vitorias máis na Segunda. Cuarta vitoria consecutiva do EXP NON á violencia de xénero, 3 a 1 fronte ao Club Ajedrez Albariño, e terceira do EXP Concello de Pontevedra, ante o Academia Enot , cun novo 3,5 a 0,5 no derbi lerezán, o equipo sumou 11,5 puntos de 12 mas tres ultimas xornadas.
Tras 9 xornadas, o EXP Concello de Pontevedra mantén o cuarto posto con 22,5 puntos, e o EXP NON á violencia de Xénero o quinto con 21,5. Con 23,5 marcha o A.C. A Estrada, obxectivo dos pontevedreses na loita por unha das 4 primeiras prazas. Postos con dereito ao ascenso á Primeira División 2025.
TERCEIRA DIVISIÓN.
Finalizada.
CUARTA DIVISIÓN
1 de maio. Mondariz, Pontevedra.
CRÓNICA DIVISIÓN DE HONRA
Universidade de Santiago de Compostela 1 – 5 Xadrez: Estratexia pola Paz
O USC non estaba a ter unha boa tempada, e precisamente foi o derbi universitario, a confirmaron do seu descenso directo.
Os de Pablo García tiñan claro que as súas opcións ao título pasaban por obter o máximo número de puntos posibles. A maior dificultade presentábase nos taboleiros 1 e 3, fronte ao Mestre Fide, Diego Cacheiro, e fronte ao ex-campión galego, Roberto Patiño, pero un impecable Alberto Portela, e a mellor versión do Mestre Daniel Rivera, neutralizaron o perigo.
Vitorias de Víctor Miguel, David García e do capitán. Derrota de Rubén Fernández. Rubén acadou unha clara vantaxe pero optou por un final no que con bispo e catro peóns contra bispo e tres, o rival atopaba un recurso para empatar a partida. Sabedor da necesidade de puntos do equipo, forzou a posición ata o extremo de pasar a entrar nunha secuencia perdedora. O seu rival, Manoel Calvo, non desaproveitou a ocasión, acadando o único punto do seu equipo.
A boa vitoria do líder, o Xadrez Ourense, fronte ao segundo, o Círculo Ferrolán, 4.5 a 1.5, só permite ó equipo universitario recortar medio punto dos 5 que tiña de desvantaxe. Con 12 en xogo, os universitarios terían que facelo moi, moi ben, e os ourensáns ter un tropezo.
Lidera o Xadrez Ourense con 39,5 puntos, 4,5 máis ca o Xadrez: Estratexia pola Paz, segundo, e 5 ca o Xadrez Fontecarmoa A, terceiro. En postos de descenso directo a USC, o ClubEXA A, Xadrez Bueu e Xadrez Mos A.
A vindeira xornada terá lugar o sábado 4 de maio. Os de Pablo García reciben ao oitavo clasificado, o Xadrez Padrón A.
Toda á información dos equipos de xadrez da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, na páxina web www.xadrezpontevedra.com Facebook www.facebook.com/XadrezUVigo ou na páxina web oficial da Federación Galega de Ajedrez www.fegaxa.org