Final VIII Torneo de Xadrez Concello de Meis

IMG_9523

Comparte esta entrada

VIII Torneo de Xadrez Concello de Meis

O torneo bate récord de participación na su oitava edición

“Un total de 60 participantes fixeron da proba, a mais forte ata o momento”

 

O 10 de xullo tivo lugar o VIII Torneo de Xadrez Concello de Meis. O evento celebrouse no Campo da Feira de Mosteiro en Meis, en horario de 11 a 15 horas. O torneo xogouse polo sistema suízo a 6 roldas cun ritmo de xogo de 10 minutos por xogador para todas as partidas, máis un incremento de 5 segundos por xogada realizada.

Participaron un total de 60 xogadores, dos cales 24 tiñan rating da Federación Internacional. O primeiro do ranking era Mestre FIDE. Houbo 8 participantes femininas e máis do 60% dos xogadores eran menores de 16 anos, sendo o máis pequeno de 6 anos e o xogador máis veterano de 90.

Todo iso fai que a proba se consolide, acadando a súa maior afluencia de participantes nestes 8 anos, e fai que, para o xadrez galego, a data do 10 de xullo sexa unha cita á que non poden faltar os xogadores da provincia e da comunidade. Incluso para os de fóra, xa que este ano viñeron xogadores de Asturias, Canarias e Madrid.

O torneo estivo moi disputado, ata o punto de que o campión se decidiu na última partida entre o Mestre FIDE Alexander Zambrana e Miguel Ángel Lanza, que ata ese momento empataban no primeiro e segundo lugar da xeral respectivamente. Finalmente, a vitoria foi para o xogador venezolano do Xadrez Fontecarmoa, Alexander Zambrana Rodríguez, que completou un torneo case perfecto, gañando cinco partidas e empatando tan só unha. Seguíronlle no podio o xogador asturiano Miguel Ángel Lanza con 5 puntos de seis, igual que o terceiro lugar, que foi para Adrián Lado Paz da Escola Xadrez Pontevedra.

 

O premio para o mellor xogador local foi para Camilo Ojea Bouzo, que rematou no décimo lugar da xeral. Un premio que ten a súa relevancia ao ser Camilo un dos grandes impulsores do xadrez na localidade. Ademais, nos premios a xogadores locais, entregouse un trofeo ao mellor xogador do CPI Mosteiro-Meis, que foi para Teo Aboy Barcia.

Este ano, como novidade, na entrega de premios incluíronse trofeos ao mellor xogador Sub 14 e mellor Sub 10, que foron para Mateo Alonso Novas da Escola Xadrez Pontevedra e Lois Roo Guillán do Fontecarmoa respectivamente.

 

 

O concello rendeu homenaxe a xogadora máis lonxeva de Galicia, Isabel Candamio Guitián, que aos 90 anos segue competindo e disfrutando do xadrez como o primeiro día que aprendeu, hai moitos anos, nos cursos de xadrez para maiores que se impartían no Concello de Meis.

Entregáronse medallas a todos os participantes e pechou o evento, por parte do Concello de Meis, o concelleiro de Cultura, Manuel Muñoz, que resaltou o éxito que vén acadando o torneo e o grande crecemento exponencial nestes anos, augurando un futuro próspero para o xadrez da comarca.

Un ano máis, e como actividade complementaria, realizouse un obradoiro de xadrez dirixido polos monitores da Escola Xadrez Pontevedra. Houbo unha gran afluencia dos máis pequenos da localidade e tamén de persoas non tan pequenas que tiñan ganas de achegarse ao mundo do xadrez e recibir as súas primeiras ensinanzas do xogo.

Os deixamos as ligazóns de interese:

Clasificación final e resultados do torneo.

Galería de fotos.

Instagram do seguimento do evento.