Fin de semana cargado de actividades da Escola Xadrez Pontevedra. A continuación os deixamos toda a información e ligazóns das actividades, ¡¡non os has podedes perder!!

Venres 14 de Maio
Xadrez iniciación nas Noites Abertas 2021, onde os mais principiantes poderán gozar dunha clase de 22 a 00 horas, a través de conferencia de Zoom. Para apuntaros tan so tedes que entrar 5 minutos antes do inicio na seguinte ligazón e seleccionar a actividade. Para idades comprendidas entre 12 e 30 anos.
https://noitesabertas.gal/
Sábado 15 de Maio
Xadrez Intermedio e Avanzado nas Noites Abertas 2021, non os podedes perder a oportunidade de gozar una clase co Gran Mestre Internacional Manuel Pérez Candelario e o Mestre Internacional Daniel Rivera. Horario de 22 a 00 horas. Para apuntaros tan so tedes que entrar 5 minutos antes do inicio na seguinte ligazón e seleccionar a actividade. Para idades comprendidas entre 12 e 30 anos.
https://noitesabertas.gal/

Luns 17 de Maio
Co motivo da celebración do Día das Letras Galegas, a EXP organiza un torneo de Xadrez en liña a través da plataforma lichess.org , cun ritmo de xogo de 5 minutos + 2 segundos de incremento, o torneo se disputará polo sistema arena da plataforma e durará 90 minutos que podes unirte en calquera momento. O horario é de 19 a 20:30. O ligazón para unirse o torneo é o seguinte:
https://lichess.org/tournament/aWSYOzBn
Previamente o torneo, teremos una clase especial para os alumn@s da Escola Xadrez Pontevedra e Magic Extremadura.
¡¡ Os esperamos a todos este fin de semana para gozar do Xadrez!!
Escola Xadrez Pontevedra