¡Fai a túa mellor xogada! Arranca o Curso Xadrecístico 2026-2027 na Escola Xadrez Pontevedra
Celebramos 25 anos promovendo e ensinando xadrez na nosa cidade! Abrimos o prazo para o novo Curso Xadrecístico 2026-2027, con opcións para tódalas idades e niveis, dende os máis pequenos que se inician no taboleiro ata xogadores que buscan perfeccionar o seu xogo competitivo.
Un ano máis, contamos con mestres titulados pola Federación Internacional de Xadrez (FIDE), garantindo unha aprendizaxe de calidade e adaptada ás necesidades de cada alumno.
Ofrécense as seguintes modalidades e niveis:

-
Escolas Municipais (Rei Negro): A forma ideal de entrar no mundo do xadrez e dar os primeiros pasos! Dirixido a nenos e nenas de 5 a 14 anos, con dúas horas á semana repartidas en 2 días. O prazo de inscrición ábrese o 15 de setembro, pero xa podes facer a túa preinscrición neste formulario: https://forms.gle/umddWToNaCZ6WPMU8

-
Iniciación (Peón Branco): Ideal para dar os primeiros pasos no xadrez. (1h/semana: 20€ | 2h/semana: 30€).
-
Iniciación Avanzada (Peón Negro): Para asentar conceptos básicos e progresar. (1h/semana: 30€ | 2h/semana: 45€).
-
Perfeccionamento (Alfil Negro): Enfocado a mellorar a táctica e a estratexia. (1h/semana: 35€ | 2h/semana: 50€).
-
Curso de Adultos (Cabalo Negro): Clases presenciais os luns e martes de 20:00 a 22:00. (50€/mes).
-
Avanzado (Torre Negra): Formación intensiva os venres de 18:00 a 22:00. (70€/mes).
-
Clases Online: Dispoñibles para niveis de Perfeccionamento e Avanzado. (Consúltanos para combinacións de clases presenciais + online).

📍 Clases en Vigo:
Tamén contaremos con clases os venres pola tarde en Vigo. Para máis información sobre horarios, localización e inscricións nos grupos de Vigo, podes contactar directamente connosco.

Lugar e Contacto:
📌 Onde estamos en Pontevedra: Praza Fermín Bouza Brey 2H, Pontevedra
📞 Teléfonos: 650 645 318 / 646 524 394
✉️ Correo: escola@xadrezpontevedra.com
🌐 Web: www.xadrezpontevedra.com
👉 Preinscríbete xa e reserva a túa praza para este curso tan especial!




