As vitorias dos primeiros clasificados levan a loita polo título a unha última rolda de infarto.

(Cuarta Dicisión Vuelta) Equipos 3

Comparte esta entrada

As vitorias dos primeiros clasificados levan a loita polo título a unha última rolda de infarto.

     
LIGA GALEGA DE XADREZ
25 de febreiro a 20 de maio. Ámbito autonómico.

Con 7 vitorias e 3 empates, o Xadrez: Estratexia pola Paz, o Xadrez Benchoshey e o Xadrez Fontecarmoa, son os claros dominadores da categoría, e os que loitaran ata o último alento polo título. Os de Vilagarcía chegan na primeira posición con 40,5 puntos, pero terán que defendela na Chantada dos Grandes Mestres Strikovic e Petkov. A tan só medio punto marcha o Benchosey, o máis inexperto nestas lides, pero cun encontro fronte ao xa descendido, Liceo Ourense. E con 39,5, os universitarios, 5 veces campións da categoría, terán a súa oportunidade fronte a un dos equipos inmersos de cheo na loita por eludir o descenso, o Xadrez Rianxo.

O Green Campus de Pontevedra terá que se transformar nunha auténtica ola a presión. Os de Pablo García so terán opcións de acadar un novo título se derrotan contundentemente aos rianxeiros. “ Témolo moi difícil porque o noso rival está obrigado a puntuar para manter a categoría e nós non debemos deixar ir nin medio punto. Aconteza o que aconteza, o máis importante é que os nosos mozos, a nosa base, vannos facer soñar unha vez máis.”

BALANCE de 3 vitorias para os equipos da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo na décima xornada .
Encontro de volta e fin da Cuarta División.

Primeira División. O EXP-Ramón Escudeiro Tilve derrota a domicilio ao equipo filial do Fontecarmoa. Empate de Luís Alonso, xunto ás vitorias de Rodrigo González, Álvaro Maquieira e José Luís García Bugallo.
Tralo 0,5 a 3,5 da décima rolda, o primeiro filial universitario ocupa o quinta praza da clasificación xeral. Os de Pontevedra suman 23,5 puntos, e unha bagaxe de 5 vitorias, 3 empates e 2 derrotas.

Na Segunda División, o EXP Non á violencia de xénero acadou unha crucial vitoria fronte ao Rianxo C. O 1 a 3 final, afasta aos universitarios dos posto de descenso directo. Vitorias para Daniel Giráldez, Xabier Borrajo e Camilo Ojea. Derrota de André Herrera.

O equipo faise co oitavo posto da xeral. Cun balance de 3 vitorias, 2 empates e 5 derrotas, suman 16,5 puntos, e unha vantaxe de 2,5 sobre o primeiro dos equipos que perdería a categoría.

Xornada de volta da Cuarta División – Grupo Pontevedra Norte. A Escola Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo organizou na súa sede o segundo tramo da competición,
Tralas 8 roldas disputadas, os 7 equipos das promesas pontevedresas clasificaron entre os nove primeiros da xeral.

O primeiro clasificado da Cuarta División foi, con 26puntos, o CXF-Casa Rocío, seguido do EXP-Promesas A con 22 e do CXF-Veterinaria San Miguel con 21,5.

CRÓNICA DIVISIÓN DE HONRA
Liceo Marquiño 1 – 5 Xadrez: Estratexia pola Paz

Sabor agridoce tralo paso pola Pobra do Caramiñal. Unha vitoria que mantén aos universitarios na loita polo título, pero non o suficientemente ampla como para depender de si mesmos.

O encontro presentábase como unha moi boa oportunidade de recuperar o primeiro posto da xeral. O Liceo Marquiño participa por primeira vez na División de Honra, e aínda que contan cun par de rapaces novos, con moitas ganas de facelo ben, non é suficiente para manterse nesta categoría, pese a todo, a confirmación matemática do seu descenso, non chegou ata esta rolda.

Os dous mozos locais, David Cernadas e Iago Fernández, serían, sobre o papel, os maiores obstáculos, xa que eran os que estaban a acadar os puntos do equipo. O positivo para os visitantes era que xusto se enfrontarían a dous dos seus máximos anotadores, David Sobrino e o capitán. Ambos, aínda que algo apurados de reloxo, liquidaron a papeleta. O resto dos puntos foron caendo segundo o guión previsto, ata que saltou a sorpresa, Daniel Rivera perde fronte a un rival de ELO moi inferior, que só acadara sumar 1 punto nas nove roldas anteriores. Un Rivera moi canso, quedaba completamente afundido ao saber da importancia dese punto, nese intre. Un punto que faría líder, e máximo favorito para un novo título, ao equipo.

Trala décima rolda, o Fontecarmoa é novamente líder. Con 40,5 puntos, suman medio punto máis có Benchoshey Pereiró de Aguiar, e un punto máis cós de Pontevedra. Nos postos de descenso directo atopamos ao Círculo Ferrolán con 28 puntos, e xa descendidos, Liceo Ourense con 21, Liceo Marquiño con 19, e Alexandre Bóveda con 16,5.

A vindeira xornada terá lugar o sábado 20 de maio. Os de Pablo García reciben ao Rianxo A. Un equipo que apura as súas últimas opción de manterse na máxima categoría do xadrez galego.

Toda á información dos equipos de xadrez da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, na páxina web www.xadrezpontevedra.com Facebook www.facebook.com/XadrezUVigo ou na páxina web oficial da Federación Galega de Ajedrez www.fegaxa.org