Vitoria dos universitarios no cruce entre os terceiros clasificados da fase de grupos.

(Cruce final) Luís Alonso Pacheco

Comparte esta entrada

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on email

COMPETICIÓNS

LIGA GALEGA DE XADREZ

Vitoria dos universitarios no cruce entre os terceiros clasificados da fase de
grupos.

LIGA GALEGA DE XADREZ

12 de febreiro a 23 de abril. Ámbito autonómico.

O Xadrez: Estratexia pola Paz derrota 2 a 4 a Escola Luguesa de Xadrez. Un encontro entre os terceiros clasificados da fase de grupos, peche da Liga 2022 para os universitarios.

Unha despedida de Liga na que o capitán, a través da composición do equipo, puxo de manifesto cal é a filosofía do club. 3 sub16, 2 sub23, máis David Fernández, membro do equipo nacional para deportistas con discapacidade. Os de Lugo, co obxectivo da permanencia xa acadado, non convocaron aos seus titulados internacionais. A escola luguesa foi o único equipo do grupo A no que xogou un Gran Mestre Internacional, o letón Starostits.

No cruce entre os primeiros clasificados de grupo, o Xadrez Ourense, único equipo que derrotou aos de Pablo García nesta tempada, superou ao Xadrez Fontecarmoa. Segundo título autonómico para os ourensáns, e dominio absoluto das provincias do Sur, Pontevedra e Ourense, no xadrez galego. O único equipo do Norte que acadou un título, o USC, perdeu a máxima categoría nesta tempada.

Escola Luguesa de Xadrez 2 – 4 Xadrez: Estratexia pola Paz

Pouco máis de 2 horas de xogo, e os sub16 xa subiran ao electrónico o 1 a 2 para os visitantes. Vitorias de Luís Alonso e Rubén Fernández, e primeira derrota de Juan Manuel Martínez.

Os de Lugo acadarían o empate provisional na que foi a partida máis tola da xornada, a derrota de David Fernández. Tola porque unha vantaxe decisiva mudou de bando en varias ocasións, de feito, no último intre, cando xa David tiña moita vantaxe material, omitiu un mate en dúas imparable da súa rival.

Serían os Sub23, os encargados de sentenciar o encontro. Primeiro Portela, con moi boa técnica nun final con lixeira vantaxe, e de remate, Rodrigo Regueiro, coa vitoria definitiva no que foi o seu debut co primeiro equipo.

A vitoria outorga o quinto posto da clasificación xeral ao equipo da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo.

Os seguintes retos por equipos chegarán coa Copa Galicia nos días 21 e 22 de maio. Os Sub16 defenden título. O equipo da absoluta non puido participar na última edición por un positivo Covid de última hora.

Toda á información dos equipos de xadrez da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo, na páxina web www.xadrezpontevedra.com Facebook www.facebook.com/XadrezUVigo ou na páxina web oficial da Federación Galega de Ajedrez www.fegaxa.org