V Torneo Concello de Meis en liña

Torneo Concello de Meis ONLINE 2021

Comparte esta entrada

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on email

 V TORNEO DE XADREZ CONCELLO DE MEIS

Sábado 18 de setembro

“O Concello de Meis continua coa organización de eventos deportivos en liña, de mans do xadrez”

 O Concello de Meis ven de organizar a quinta edición  do  seu  torneo  de  xadrez. Unha segunda edición en liña que cumple o quinto aniversario  do  evento.  O  concello de Meis segue apostando polo xadrez, aínda que non se podan facer con fluidez eventos presenciais debido o Covid-19, o  concello  organizou  por  segundo ano consecutivo o seu tradicional torneo de xadrez, nesta ocasión en liña a través     da plataforma lichess e coa colaboración da Escola Xadrez Pontevedra.

Na cita de Meis participaron un total de 47 deportistas. Entre eles, 2 Mestres Internacionais, o uruguaio Daniel Rivera e o galego Pablo García, máis todo un medallista mundial, Rubén Fernández. Rubén é o primeiro xadrecista galego en acadar un podio nun Mundial, medalla de bronce, na categoría Sub16, acadada no 2019. Tamén é o vixente Campión Galego e subcampión Nacional Sub16.

O torneo xogouse baixo modalidade “arena”, na que, durante dúas horas sen pausa, xogan partidas a un ritmo de 3 minutos máis 2 segundos de incremento por xogada feita. Cada vitoria suma 2 puntos, o empate 1 e a derrota 0.

Rubén Fernández Campión!!!

Rubén Fernández López 

 Cunha marca espectacular de 100  puntos,  acadou  o  título  nesta  quinta  edición  do Torneo de Xadrez de Meis. Rubén é un auténtico especialista nestes ritmos rápidos, e segundo nos confesa: “Son as partidas nas que máis me divirto. Hai que xogar ben pero tamén ser moi áxil, ás veces tes unha partida  con  moita  vantaxe, pero ten que darche tempo a rematala.”

 

Completaron o podio, o forte xogador de Portonovo Luis Costado, segundo con   42puntos, e o ourensán, Hugo Conde, terceiro con 40.

O primeiro clasificado local foi Berenguer Irayzoz, gran afeccionado o xadrez do Concello e gran xogador, un dos alumnos do curso de xadrez da vila que se leva anos celebrando durante o curso. Berenguer foi vigésimo segundo cun total de 17 puntos. Por categorías os primeiros clasificados foron:

 

CLASIFICACIÓN XERAL FINAL

  1. Fernández, Rubén        Vigo
  2. Costado, Luis                  Portonovo
  3. Conde, Hugo                   Ourense

…ata un total de 47 deportistas.

PREMIOS ESPECIAL AO PRIMEIRO XOGADOR LOCAL

 

  1. Irayzoz, Berenguer       Concello de Meis

 

Clasificacións completas no enlace https://lichess.org/tournament/O997jISH

Os 5 primeiros clasificados, máis o primeiro xogador local, foron agasallados con material técnico de xadrez máis un libro da historia do Concello de Meis.

Como actividade complementaria, o Mestre Internacional, Daniel Rivera, enfrontouse a 20 xogadoras e xogadores simultaneamente. Desta vez, ningún dos veciños e veciñas puido puntuar fronte ó experimentado xogador do Uruguai, mais a bo seguro nun futuro próximo o acadaran. O mestre xa foi retado a repetir enfrontamento o vindeiro ano.