Mantén a túa mente activa! Fai a túa mellor xogada, xoga xadrez coa Escola Xadrez Pontevedra!.

contacto

Comparte esta entrada

Mantén a túa mente activa! Fai a túa mellor xogada, xoga xadrez coa Escola Xadrez Pontevedra!.

O xadrez é un dos poucos deportes que se poden practicar en liña. Máis de 20 millóns de persoas o fan cada día no mundo!

Alumnas e alumnos das Escolas Municipais de Xadrez do Concello de Pontevedra e do Concello de Poio, deportistas da Escola Xadrez Pontevedra e Universidade de Vigo seguen a adestrar, e a xogar os torneos en liña da Escola Xadrez Pontevedra no portal Playchess 

Se xa coñeces o xadrez, podes xogar de balde e facer novas amizades, de calquera parte do mundo, nos portais de xadrez. Tamén podes seguir en directo as partidas das mellores xogadoras e xogadores do mundo, e aprender das súas estratexias. Estes son algúns dos servidores máis visitados (rexistro de balde):

Playchess

Chess24

Chess.com

Lichess

Se aínda non sabes xogar, non te preocupes, na seguinte ligazón poderás aprender os primeiros pasos dun xeito sinxelo e didáctico, con moitos exercicios que reforzarán a túa aprendizaxe.

https://www.chess.com/es/lessons

Se tes calquera dúbida, ou precisas máis información, contacta connosco escola@xadrezpontevedra.com