Ouro e prata na primeira competición oficial da tempada

Rubén Fernández, Juan Manuel Martínez e Javier Caudet

Comparte esta entrada

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on linkedin
Share on pinterest
Share on email

Ouro e prata na primeira competición oficial da tempada.


Regreso aos taboleiros para os deportistas da Escola Xadrez Pontevedra-Universidade de Vigo.

A Federación Galega de Xadrez abriu a tempada de competicións presenciais cos Campionatos Galegos Sub 16 e Sub 14. As primeiras probas do ano tiveron lugar en Padrón, A Coruña, do 27 ao 30 de marzo. Aforo limitado, uso obrigatorio de máscara e desinfección de mans durante o xogo, foron as principais variación ás que os deportistas deberon adaptarse.

Dominio absoluto dos deportistas da Escola Xadrez Pontevedra – Uvigo na Sub16. Rubén Fernández, Juan Manuel Martínez e Miguel Alonso fixéronse coa cabeza da competición dende o primeiro minuto e xa non a deixarían escapar.

Con 7 puntos, de oito posibles, Rubén Fernández obtivo un novo título de Campión Galego, e xa son 7 os que suma aos seus 16 anos. Rubén tan só cedeu 2 empates, os dous fronte aos seus compañeiros de equipo, Juan Manuel Martínez e Miguel Alonso.

Juan Manuel proclamouse SubCampión Galego, con 6,5 puntos e Miguel Alonso foi , con 4,5.

Na categoría Sub14, Javier Caudet foi . Unha soa derrota, ante o seu compañeiro de equipo, Olivier Rocha, afastou a Caudet do que puido ser o seu primeiro título autonómico. Con 6 puntos, rematou empatado co terceiro clasificado, e a tan só medio punto do ouro e da prata.

Bos resultados para o resto da delegación da Escola Xadrez Pontevedra – Universidade de Vigo. No Sub 16, Miguel Alonso rematou e Luís Alonso 11º, ambos con 4,5 puntos. Na categoría Sub 14, Olivier Rocha foi con 5,5 puntos e Xabier Borrajo 17º con 4,5.

Toda a información e imaxes dos campionatos na páxina da Federación Galega de Xadrez

Clasificacións completas nos seguintes enlaces:

SUB 16 
SUB 14 

Retransmisión en directo das partidas:

SUB 16 
SUB 14